Rescatan dous sendeiristas que quedaron atrapados pola neve na serra do Courel

Realizaban unha ruta a pé polo pico de Penaboa

Courel nevado / XdL

Dous sendeiristas foron rescatados polos efectivos de emerxencias mentres realizaban unha ruta a pé polo pico de Penaboa, na serra do Courel, dentro do termo municipal de Folgoso do Courel.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu un aviso minutos despois das 15,00 horas no que se alertaba que dous sendeiristas que formaban parte dun grupo que realizaba unha ruta tiñan dificultades para continuar debido á neve.

O envío das coordenadas a través da aplicación de mensaxería Whatsapp permitiu a localización dos sendeiristas, que foron rescatados ao fío das 18,00 horas por membros da Garda Civil.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here