Folgoso do Courel contará cunha residencia e centro de día

As instalacións terán capacidade para 52 usuarios e ubicaranse no lugar do antigo colexio de primaria

Deputación Provincial / Presentación proxecto residencia

O Presidente da Deputación, Darío Campos, encargouse da presentación do proxecto básico destas instalacións, ás que a Deputación Provincial destina 1.200.00 €. O edificio de 780 metros cadrados constará de dúas plantas, o andar de acceso con 16 habitacións dobres de 24 metros cadrados e capacidade para 32 persoas e o semisoto coas dependencias de usos comúns, centro de día e cociña.

A sinatura do convenio entre a Deputación e o concello de Folgoso do Courel foi ben recibida polo PP provincial. Segundo esta formación política sáldase así unha débeda histórica e lembran que xa no 2015, sendo presidenta da Deputación Elena Candia, fixéronse as primeiras xestións para dotar deste servizo a Folgoso do Courel.

Solicitan os populares que as obras se saquen a licitación o antes posible, xa que os trámites que lle correspondían á administración local levan tempo feitos. Esperan desde o PP que a partir de agora os prazos se vaian reducindo e as instalacións presten servizo canto antes en beneficio dos veciñ@s.

PP Provincial / Presentación proxecto residencia

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here