A veciñanza afectada polo impacto dos parques eólicos de Barxas e Busmaior, no Courel, vén de desenvolver unha andaina reivindicativa que reuniu 150 persoas e saíu de dous puntos diferentes, o alto do Couto e a aldea de Horreos, para confluír finalmente no Chao dos Lobos, lugar onde está proxectado instalar un muíño de 200 metros de altura.
Durante a actividade, indica a Plataforma ‘Eiquí eólicos non’, houbo tempo para unha serie de charlas divulgativas sobre os valores económicos, naturais e socioculturais do territorio afectado e un recital poético a cargo de Urbano Arza, Xesús Manuel Marcos, Miguelanxo Lar e Tegra Romeo Veiga. Esta acción, que tivo lugar este sábado, forma parte das actividades da plataforma para “defender a Serra do Courel e evitar a instalación destes macroparques eólicos”.
A andaina reivindicativa tomou como lugar simbólico o Chao dos Lobos, onde se vai instalar un muiño de 200 metros de altura, a poucos metros da recentemente declarada Microreserva de Orquídeas, un dos espazos protexidos desta comunidade xunto cunha Masa Consolidada de Frondosas Autóctonas de 80 hectáreas. Nela participou veciñanza do Courel e do Bierzo e achegáronse numerosas persoas de diversos lugares de Galiza afectados por outros macroeólicos, como da Plataforma Monfero Di Non, de Cerceda, de Ferrol, de Cerdido ou da Rúa.
A Plataforma entregou nos últimos meses máis de 5000 alegacións contra os parques eólicos de Busmaior e Barxas, en colaboración coa plataforma do Bierzo “Rural Sostenible”. Está composta por diversos colectivos como a Asociación A Volta Grande do Courel, Asociación a Fonte do Milagro, Asociación Veciñal e Cultural de Vieiros, Pía Paxaro, Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel ou Comunidade de Montes de Órreos.
“Eiquí Eólicos Non” tamén desenvolverá unha campaña para poñer en valor o camiño tradicional entre o Bierzo e o Courel, e segundo indica, anunciará unha próxima actividade para recuperar o camiño que une Vilafranca e Lugo.
Gracias a estes veciños igual algún día teremos unha TERRA VIVA que será a envídia do mundo ! Destrozaron os vales enchendo Galicia de encoros e agora baleiran auga para turbinar Kilowatios e vendelos a prezos de infarto !
Cos eólicos farán o mesmo: destrozarán o territorio para encherse o peto coas subvencións europeas mentras a nós nos deixan os montes destrozados e eles enchen de torres e cables de media tensión a Terra que foi nosa… O Patrimonio Natural importa hoxe máis que nunca !!!
“Lo que no se comunica, no existe” Pero tendremos que profundizar un poco más en lo que entendemos por COMUNICAR para que el mensaje llegue nítido y claro a los que viven en contextos alejados de esta realidad. O Courel Resiste porque aínda Existe !
https://theconversation.com/no-es-solo-cambio-climatico-como-comunicar-la-pandemia-ambiental-166314