No Courel inaugúranse estradas?

Desde Courel Viv@ denuncian que no Courel non se arranxan nin inauguran estradas mentres no resto da provincia Xunta e Deputación anuncian continuamente melloras en estradas.

Con L Villares visitando estradas / Courel Viv@

Segundo o voceiro de Courel Viv@, Óscar Carrete, O Courel non  lle importa ás administracións. Pregúntase canto haberá que agardar para que a Xunta mellore o trazado desde Folgoso a Seoane e no caso da Deputación cando se fará algo na estrada desde Piñeira ó Hospital que so conta cun carril de circulación, sendo a vía principal do Concello.

Courel Viv@ cre que a falta de inversión das administracións no Courel se debe á falta de unidade dos partidos a nivel local. Lembran que o PP do Courel rexeitou a man que lle tenderon para reclamar todos xuntos a estrada. Pregúntanse desde Courel Viv@ se estas infraestruturas se farán en ano preelectoral ou se se prometerán para despois non facelas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here