Dúas xornadas de achegamento a natureza no Courel

A Estación Científica do Courel acollerá unha xornada sobre a macromicoloxia e outra sobre a agroecoloxía.

Cogomelo/ Foto de La Mira de Gredos

O Courel acolle dúas actividades os vindeiros sábados. Unha sobre agroecoloxía e outra sobre macromicoloxía.

O sábado 27 de outubro celebrarase na Estación Científica do Courel unha xornada formativa sobre agroecoloxía baixo o título de “Unha montaña de oportunidades”.

E tamén na Estación Científica do CoureL terá lugar o sábado 3 de novembro a VI Xornada de Iniciación á Micoloxía sobre cogomelos comestibles e velenosos.

Para esta última, pódese facer a inscripción ata o día 29 de outubro nos correos electrónicos  ro_rodriguezlopez@hotmail.com ou antonio.rigueiro@usc.es. Hai que indicar nome e apelidos, NIF e teléfono de contacto. Tamén chamando aos números de teléfono 648051928 ou 600942418.

 

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here