C@urel Vivo denuncia o despilfarro de cartos públicos

A formación política denuncia a mala xestión do equipo de goberno, que dín, non utiliza os cartos para cubrir as demandas da poboación.

Monolito contruído no Courel/Courel Vivo

Segundo C@urel Vivo, o goberno local despilfarra os cartos públicos en cousas que non son necesarias, pasando por alto as que necesita e reclama o pobo. Como exemplo poñen a construción dun polideportivo no que se van gastar 120 mil €, cando hai un a 4km que está sen utilizar.

Outro dos casos que denuncian é que no último pleno se denegara a súa proposta de protexer a marca Courel-Caurel en favor do rexistro da Festa da Castaña do Courel

Acusan á corporación de gastar 8000€ públicos nun monolito que califican de caro, innecesario e discordante co medio, mentras que os veciños  teñen que construir con materiais acordes co entorno (madeira, pizarra..). Para C@urel Vivo tamén é un gasto sen sentido 57.000 € nunha área de descanso infrausada e asilvestrada.

O grupo político denunciante solicita que se use o superávit co que conta o concello para axuda a domicilio, contratando máis persoal. C@urel lamén lamenta que no último pleno, ningún partido apoiase a súa proposta de manifestarse xunto á Deputación se non comezan xa as obras da residencia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here