Recuperación e mobilización de soutos tradicionais en Folgoso do Courel

Esta iniciativa pon en valor os soutos tradicionais mediante a limpeza e recuperación para unha produción sostible nunha superficie de 85 hectáreas e máis de 9500 castiñeiros.

Soutos folgoso do Courel

Esta actuación permite poñer en valor soutos tradicionais en Moreda e en Folgoso, mediante a súa limpeza e recuperación para a produción sostible. A iniciativa involucra uns 100 titulares e abrangue unha superficie de 80 hectáreas, con máis de 9.500 castiñeiros.

Os traballos comezaron coa identificación de árbores e propietarios e están xa na súa segunda fase, que pasa pola mellora dos viarios de acceso e o rozado das terras. Está previsto que no 2019 entre na súa última etapa, coa poda das árbores e a mellora sanitaria das mesmas.

O obxectivo é recuperar cultivos en áreas en desuso para poñelos en valor mediante o seu arrendamento pactado, que permite un arrendo rápido e con condicións de prezo e prazo conformes cos intereses das dúas partes. Este sistema, impulsado a través de Agader e do Banco de Terras, ten un carácter pioneiro e xa espertou interese en diferentes ámbitos relacionados coa mobilidade de predios tanto dentro como fóra de España.

Neste proxecto a Consellería vai investir preto de 490.000 euros. O Conselleiro do Medio Rural, José González, aproveitou a súa visita ao Courel para coñecer sobre o terreo a situación con respecto á produción de castaña nesta área da montaña luguesa, onde constatou os problemas causados pola seca nos últimos tempos, así como pola avespiña do castiñeiro e as nevaradas de días pasados.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here