InicioPolíticaO local social de Campos de Vila en Quiroga xa está listo...

O local social de Campos de Vila en Quiroga xa está listo para ser usado polos veciños

Obras de mellora para recuperar a funcionalidade desta infraestrutura que aproveitan os veciños de varias parroquias do Concello de Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

Un total de 10.000 euros foron investidos pola Deputación de Lugo no local social de Campos de Vila -Quiroga– coa finalidade de acometer as obras de mellora que eran imprescindibles para o seu pleno rendemento. O total do investimento foi para o revestimento de cerámica no chan do centro.

O local social dá servizo a 100 veciños das Parroquias de Campos de Vila, Revide e A Toca. A súa creación fíxose co obxectivo de que os veciños tiveran un lugar onde reunirse, pasalo ben e socializar coa veciñanza. Tanto é así que na actualidade é o emprazamento onde se celebran as actividades lúdicas, culturais e sociais como as festividades do entroido e do magosto e as reunións de toda índole como por exemplo as da Comunidade de Montes.

Santos Ramos, Deputado de Relacións Institucionais da Deputación de Lugo, salienta que “dende o goberno buscamos mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, independentemente de onde vivan, pois somos unha Deputación social, rural e comprometida coas persoas. É a segunda axuda que achegamos a esta asociación nos últimos anos. Con anterioridade restauramosn a Fonte da Toca e os camiños do redor, contribuíndo á mellora do benestar social dos veciños de Quiroga”.

 

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...