InicioCulturaAgosto trae consigo as Festas de Verán de Quiroga

Agosto trae consigo as Festas de Verán de Quiroga

O mes das verbenas por excelencia na comunidade achega a Quiroga unha intensa programación musical. Os pratos fortes neste sentido, a orquestra Panorama o día 8 e o grupo tradicional Treixadura o domingo 12.

Publicado o

- Advertisement -

Do 8 ó 12 de agosto o concello de Quiroga celebrará as súas Festas de Verán.

Unha programación chea de eventos lúdicos e gastronómicos disposta a facer gozar a todo aquel que se achegue á zona durante os días indicados.

Do 6 ao 9 disputarase o Torneo de Fútbol Sala Festas de Verán no pavillón municipal e o día 8 ás 23:00 horas actuación estelar da orquestra Panorama.

Cartel do Torneo de Fútbol Sata de Quiroga/Concello de Quiroga

Ó día seguinte, o xoves día 9, e tras bailar intensamente ó son dunha das orquestras de máis sona a nivel nacional, ás 19:00 horas procederase á apertura do recinto da Festa da Xuventude e a Cervexa Artesá na Praza de España. A música para ir quentando motores correrá a cargo do quirogués DJ Michel. De seguido, ás 23:00 h., actuará a Banda de Folk Ribas de Sil e de seguido o grupo Carta de Ajuste que será o encargado de pechar a programación do día a partir das 00:30 horas.

Para o venres 10, a cita será ó mediodía coa XXVII Mostra do Mel de Quiroga. Ás 12:00 horas inaugurarase o recinto feiral e ó longo do día Os Palletas serán os encargados da animación musical. Para as 19:00 está previsto que se dispute o IV Torneo Street Soccer no Parque da Constitución. Este mesmo día tamén se celebra a XIII Festa da Comunidade no Parque da Constitución. Dende as 21:30 poderase degustar unha gran paella que irá acompañada con bebida e sobremesa e a partir das 23:00 horas actuará o dúo Camelia.

Cartel da XIII Festa da Comunidade/Concello de Quiroga

Para o sábado 11, a programación dará comezo ás 13.00 h. co desfile pola Rúa Real do espectáculo de rúa “Hakuna Matata” a cargo de Troula Animación aproveitando esta proposta do Ciclo Cultura no Camiño. Xa ás 18:30 h., no Campo de Fútbol San Martiño, terá lugar a presentación do Quiroga F.C. 2018-2019. A partir das 20:00 celebrarase o Concurso Pinta con Xiz na Praza de España e farase entrega de premios do Certame de Debuxo Infantil. A verbena desta noite correrá a cargo do grupo Podium e Atenas a partir das 22:00 horas.

O domingo 12 é o último día destas festas. A Banda de Música de Chantada será a encargada da alborada a partir das 12:30 horas polas rúas da vila ata chegar á Praza do Concello ás 13:30 horas onde ofrecerán unha actuación incluída no programa Musiqueando pola provincia de Lugo.

Para a noite, ás 21.00 h., e tamén grazas ao Ciclo Cultura no Camiño, na Praza España haberá un espectáculo de maxia a cargo do mago Martín Camiña, “Encantamentos de rúa”. De seguido o grupo Samba será o encargado de abrir as actuacións musicais nocturnas que terán continuidade ás 00:30 h con Treixadura, formación encargada de poñer o toque de música tradicional da noite. Tras a súa actuación, o grupo Samba volverá saír ó escenario para poñer fin a esta nova edición festiva quiroguesa.

Cartel do concerto de Treixadura/Concello de Quiroga

 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...