12 parroquias de Quiroga beneficiaranse das melloras nos accesos aos núcleos rurais

As melloras acometeranse en máis de 50% das parroquias do municipio coa mellora do firme e a limpeza das cunetas.

O goberno provincial vai mellorar os accesos en 17 núcleos rurais de 12 parroquias de Quiroga, das que se beneficiarán centos de veciños. Os traballos consistirán, na súa maioría, na limpeza de cunetas, así como a mellora do firme con dobre capa de rego asfáltico.

As melloras acometeranse en máis de 50% das parroquias do municipio; Vilanuíde, Os Albaredos, Ferreira, Centeais, Montefurado, Muíño, Aldea de arriba, O Ivedo, e Vilaster, Chao da Casa, Bendollo, Paradapiñol, Cereixido, A Barca, Pacios da Serra, Penas Rubias, A Bergaza e Fisteus.

A Deputación investirá 70.000 euros nestas melloras.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here