InicioCulturaActividades lúdicas de verán para as praias fluviais de Ribas de Sil...

Actividades lúdicas de verán para as praias fluviais de Ribas de Sil e Láncara

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo puxo en marcha unha batería de actividades lúdicas e deportivas nas praias fluviais do sur lucense e que veñen a ofrecer unha alternativa ó turismo de praia ó mesmo tempo que contribúe a descubrir as posibilidades de lecer dos ríos.

Deste xeito, tanto veciños como visitantes ós Concellos de Ribas de Sil e Láncara poderán gozar dunha programación fluvial gratuíta e para todos os públicos que se desenvolverán en espazos naturais e onde estarán presentes os inchables acuáticos, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, ou waterballs, animacións musicais e xogos populares.

Cada sesión, que terá unha duración de entre 3 e 4 horas, contará coa supervisión de, polo menos, un coordinador e entre 6 e 12 monitores que serán os encargados de coidar e atender ós participantes para garantir a seguridade da diversión.

Deste xeito, o 16 de agosto na Praia Fluvial de San Clodio, en Ribas de Sil os visitantes poderán desfrutar dunha xornada lúdica acuática e, o 19 de agosto, a quenda será para os asistentes á Praia Fluvial da Pobra de San Xiao, en Láncara.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...