InicioMedio ambiente e PatrimonioOs lumes de Ribas de Sil están estabilizados segundo Medio Rural

Os lumes de Ribas de Sil están estabilizados segundo Medio Rural

Ademais, xa foi desactivada a Situación 2 ao non haber perigo para núcleos de poboación.

Publicado o

- Advertisement -

Os datos sobre a situación dos lumes forestais foronn recollidos por Medio Rural  ata as 19,30 h. de hoxe. Así, o incendio no concello de Ribas de Sil quedou estabilizado ás 16,26 h. Este lume tamén afecta aos municipios de Quiroga e da Pobra do Brollón. A superficie rolda as 1.450 hectáreas, segundo as últimas estimacións.

Ademais, xa foi desactivada a Situación 2 ao non haber perigo para núcleos de poboación. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 13 técnicos, 30 axentes, 87 brigadas, 40 motobombas, 5 pas, 8 avións e 14 helicópteros. Tamén participaron nos labores de extinción persoal e medios da Unidade Militar de Emerxencias (UME). 

Tamén quedou estabilizado ás 16,26 h. o lume iniciado ás 21,42 h. do domingo neste mesmo concello, parroquia de Nogueira. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de arredor de 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 6 técnicos, 17 axentes, 35 brigadas, 27 motobombas, 5 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...