Declaran extinguido o gran incendio de Ribas de Sil logo de arrasar 1.600 hectáreas

Este foi un foco secundario do lume que se declarou en Ribas de Sil o 5 de setembro, tamén extinguido e que afectou a 140 hectáreas. En conxunto, a superficie queimada por ambos os incendios supera as 1.700 hectáreas.

Efectos do incendio en Ribas de Sil

O gran incendio forestal de Ribas de Sil, declarado na parroquia homónima, quedou extinguido este martes máis dunha semana despois de que se iniciase o 6 de setembro. En total, arrasou 1.592,9 hectáreas, das cales máis dun milleiro foron monte arboledo e 556 monte raso. Trátase do peor lume no que vai de ano en Galicia.

Este foi un foco secundario do lume que se declarou en Ribas de Sil o 5 de setembro, tamén extinguido e que afectou a 140 hectáreas. En conxunto, a superficie queimada por ambos os incendios supera as 1.700 hectáreas.

O gran incendio agora extinguido tamén afectou os municipios limítrofes de Quiroga e A Pobra do Brollón. A súa proximidade a casas chegou a obrigar a activar a Situación 2.

Nas tarefas de extinción participaron 14 helicópteros, oito avións, 15 pas, 63 motobombas, 66 axentes e 147 brigadas, así como persoal da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here