Ribas de Sil recibe 25.500 euros para dotacións públicas

A Deputación Provincial aproba novos investimentos por valor de 200.000 euros para mellorar as dotacións públicas de 5 concellos, entre eles Ribas de Sil.

Praia fluvial de Ribas de Sil/XdL

No concello de Ribas de Sil o investimento de 25.000 euros destinarase a renovar o parque infantil da área recreativa da praia fluvial. Outra das actuacións será a construción dun depósito de auga no lugar da Cabarca, unha infraestrutura importante na prevención de incendios. O investimento completarase colaborando na posta en marcha dunha ruta turística de interpretación polo complexo arqueolóxico Mineiro do Covallón. O Covallón, na parroquia de Santiago de Soutordei, está formado por 3 minas romanas a ceo aberto. A ruta que as une incluirá paneis interpretativos con cargo a este investimento.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here