InicioComarca de QuirogaRibas de SilSardiñada, concerto e carrilanas en San Clodio

Sardiñada, concerto e carrilanas en San Clodio

A noite de San Xoán un establecemento local fará sardiñada e un concerto, mentres que o sábado 25 terá lugar unha interesante ‘Descenso de Carrilanas’ na baixada da Moá organizada polo Concello de Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves 23 de xuño, o Bar Central de San Clodio, en Ribas de Sil, convida a participar dunha gran noite de San Xoán. Non faltará a típica sardiñada para celebrar de forma festiva a chegada do verán, pero ademais haberá un concerto a cargo do grupo Carta de Ajuste. Este dúo que chega de Lugo para a ocasión ofrecerá o espectáculo “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”, un show cun repertorio que lembrará aqueles anos e que se presenta cun directo cheo de interacción co público e moito humor.

Elena, a xerente do establecemento de Ribas de Sil, convida a achegarse para degustar a “rica sardiña” e a continuación, sobre as 23:30 h., a pasalo ben ao ritmo da música de Carta de Ajuste. 

CARRILANAS

De cara ao sábado 25 de xuño terá lugar na estrada da Moá o “Primeiro Descenso de Carrilanas de competición”. A proba comezará ás 15:00 horas e calcúlase que dure ata as 19:00 h. Quen poida poderá achegarse a ver as carrilanas xa desde a mañá pois estarán na Praia Fluvial de San Clodio para facer a correspondente verificación dos vehículos antes da competición.

Segundo informa o Concello de Ribas de Sil, organizador do evento, hai xa máis de vinte e cinco inscritos. Trátase de carrilanas de competición de diferentes clases e modelos –kart, Skeleton, rodamentos,neumática GX, etc–.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...