O ex socialista Claudio Garrido vese xa como alcalde

Avanza que podería chegar a un acordo de goberno con BNG e Galicia Sempre.

Claudio Garrido, alcalde de Sarria / http://www.cbbreogan.com

O exalcalde socialista de Sarria (Lugo) que concorreu ás últimas eleccións municipais baixo as siglas de ‘Camiña Sarria’, Claudio Garrido, confía en saír investido alcalde este sábado, xornada na que se constitúen as novas corporacións.

A lista de Garrido foi a máis votada aínda que empatou a seis edís coa do PP. Ademais, os socialistas encabezados pola alcaldesa en funcións, Pilar López, obtiveron dous edís, do mesmo xeito que o BNG. Pola súa banda, Galicia Sempre fíxose cun representante.

Garrido, que iniciará conversas co BNG e Galicia sempre para formar goberno tras ser investido alcalde, lamentou que o concello sufra una “unha parálise desde o punto de vista administrativo e institucional de catro anos”. Por iso, apelou á situación “delicada” dun concello que “en catro anos non elaborou, nin aprobado ningún orzamento”. “O orzamento é a alma dun concello e si faltei catro anos é moi difícil definir cal é a situación”, manifestou

CHAMA A BUSCAR SOLUCIÓNS

É por iso que pediu a todos os grupos que se esforcen en “buscar solucións” e en configurar un goberno que “poida achegar esas solucións”. “Hai que afrontar os problemas e non só pensar en repartirse as cadeiras de brazos dun goberno”, emprazou.

En canto á investidura, maniféstase confiado porque “todos os grupos políticos manifestaron a súa vontade de votarse a eles mesmos ou no caso de Galicia Sempre absterse para posteriormente iniciar unhas conversas para formar goberno a partir da investidura”.

Garrido espera que a deste sábado “sexa unha festa da democracia para recuperar en Sarria a ilusión e que iso nos leve a unha vía de diálogo e de negociación para resolver os problemas que temos os veciños, que sería o desexable”, concluíu.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here