O TSXG paraliza cautelarmente as obras do megaparque eólico da Serra do Oribio

O alto tribunal galego anula un acordo do Consello da Xunta e recolle as denuncias de distintos grupos ecoloxistas que criticaran duramente as irregularidades da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Concentración en defensa da Serra de Oribio en Triacastela / Adega

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou suspender provisionalmente o acordo do Consello da Xunta do pasado 27 de xuño, así como as súas disposicións normativas, nas que se daba vía libre á continuación das obras do megaparque eólico na Serra do Oribio, entre os concellos de Samos e Triacastela.

Tivo que ser novamente a Xustiza a que evitara o que distintos colectivos ambientalistas e algúns concellos da montaña lucense cualificaran xa como novo atentado ao medio ambiente de Galicia. Unha decisión xudicial que deixa moi tocado ao director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Tahoces, imputado ademais por outro polémico caso, o das minas de San Fins, en Lousame.

Nunha resolución á que tivo acceso Galicia Confidencial, o alto tribunal galego entende que, mentres que non se actualice a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto xa que data de 2005, e mentres non se xustifique a prevalencia do uso “pretendido pola Xunta ao aprobar o proxecto industrial”, as obras deben de ser paralizadas. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here