InicioMedio ambiente e PatrimonioUU.AA. pide atallar a praga de ratas que esnaquiza campos na montaña...

UU.AA. pide atallar a praga de ratas que esnaquiza campos na montaña de Lugo

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, afeou á Xunta de Galicia que non tomase conciencia deste problema.

Publicado o

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, demandou este martes en Lugo axudas para combater unha praga de ratas na montaña, sobre todo nos concellos de Triacastela e Pedrafita, que esnaquiza campos.

En rolda de prensa, García afeou á Xunta de Galiciaque non tomase conciencia, a pesar de ser advertida na primavera, deste problema que noutras comunidades autónomas como Asturias, “non só se resolveu o problema para que non tivese incidencia na PAC, senón que se xerou unhaaxuda extraordinariaa aquelas persoas que tiveron estes danos”, indicou.

Polo seu lado, o responsable na comarca de Sarria de Unións Agrarias, Miguel Tomé, lembrou que a praga afecta “a Triacastela, e á parte limítrofe con ese municipio, como Pedrafita do Cebreiro, estendéndose ás zonas máis baixas de Cervantes e tamén Samos, en definitiva o que é a montaña de Lugo“.

Tomé, tras a resposta da Xunta que fala de topos e non de ratas, dixo que “dá igual”. “E imos aceptar que lles chamen ratas, topos, topitosou tapitas, o que teñen que dar é unha solución ao problema”, reivindicou. “O que non son é animais de compañía”, apostilou García.

Tamén aludiu a que algún veterinario dixo que se trata dun “tema cíclico”.“Se é un tema cíclico, que temos que asumir como tal, alguén lles terá que explicar aos gandeirosda zona que cada x anos lles van dar unha axuda para que poidan sentar no seu sofá, non poidan cultivar as súas terras, non poder sacar o gando a pastorear porque van ter esas ratas e non lle van dar ningún tipo de solución”, sinalou Tomei.

Finalmente, Roberto García vaticinou que este se acabará convertendo nun problema que teñan que asumir os concellos, “como ocorreu coa avespa velutina ou cos xabarís e agora isto”. “Cando está a empezar (a praga) hai medios para poder facelo, pero, unha vez que se desborda, o custo é moi superior“, concluíu o secretario xeral de UU.AA..

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...