Unha furgoneta acaba nun río en Sarria tras inundarse a estrada

O conductor puido saír polo seu propio pé.

Unha furgoneta no río / tolenews.com

A xornada de mal tempo, con neve e choiva forte en varias zonas do territorio galego, condicionan a circulación en Galicia e deixaron algún accidente, así como cortes de vía debido ao desbordamento de ríos.

Segundo o 112 Galicia, en Sarria (Lugo), unha furgoneta caeu ao río sen que se producisen danos persoais. A persoa que circulaba no vehículo puido saír do interior da furgoneta polos seus propios medios e atópase en bo estado.

Ocorreu no lugar da Pena, na estrada que une Rosende e Teibilide, uns minutos antes das 17:40 horas. Un particular deu o aviso ao 112, que alertou, á súa vez, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Ao alagarse a estrada, a vía de circulación quedou pechada ao tráfico de vehículos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here