InicioComarca de SarriaSarria denuncia o "engano" da Xunta ao recolocar ó alumnado do Frei...

Sarria denuncia o “engano” da Xunta ao recolocar ó alumnado do Frei Luis de Granada nun local con “problemas estruturais”

O alcalde da localidade carga contra a "tomadura de pelo" da Consellería de Educación.

Publicado o

- Advertisement -

A situación do centro Frei Luis de Granada en Sarria e os plans de recolocación do alumnado non convencen á comunidade escolar no municipio. Segundo denuncian os pais, os nenos seguirán acudindo á Escola Fogar mentres se realizan as obras de reforma do inmoble e terán que facer os recreos nos corredores nun centro que presenta “problemas estruturais desde hai meses”.

O alcalde de Sarria, o independente Claudio Garrido, censurou a recolocación exposta e acusou á Xunta de darlle as costas á comisión de seguimento dos traballos no colexio. “Este problema foi detectado no ano 2011, e en xaneiro dese ano a Consellería de Educación enganou a todos os veciños de Sarria onde só se limitou a facer unha reforma de chapa e pintura e mantivéronse os problemas estruturais, mesmo se incrementaron”, lembrou.

É por iso que teme estar ante unha nova “tomadura de pelo”, insistiu, posto que “despois de cinco meses” en que a comisión se reuniu cada quince días a representación do goberno galego deu “as costas” aos devanditos encontros e foi a única delegación que non asistiu ás reunións. “Non foron de enviarnos neste tres meses e medio todo o programa de recolocación, e nin sequera se dirixiron ao concello para indicarnos ou sentarnos a fixar un protocolo para indicarnos cal é o plan de recolocación, onde o concello tería un papel fundamental”.

UN NOVO COLEXIO

Garrido sinalou que a comisión está “pendente dun informe que se encargou a un equipo para o estudo da estrutura (do edificio, que se tivo que apontoar no seu momento)”. En todo caso, advertiu de que se non se produce unha “resposta clara” por parte do executivo presidido por Alberto Núñez Feijoo reclamarase a construción dun novo colexio. “Non podemos tolerar un segundo engano”, antepón finalmente Claudio Garrido.

ÚLTIMAS

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...