Xornada astronómica no Incio

Xornada de explicación e visualización das estrelas e os cosmos da man do astrónomo Borja Tosar.

Ceo estrelado/Concello do Incio

O sábado 28 de xullo ás 22:00 horas todos aqueles interesados na astronomía teñen unha cita ineludible no Incio.

Borja Tosar, astrónomo, impartirá unha xornada de explicación e visualización das estrelas e os cosmos, onde, ademais de explicar todo o que dende o ceo do Incio se vexa, dará resposta a todas as dúbidas que vaian xurdindo no acto. Unha oportunidade única para coñecer o que o ceo nos aporta diariamente dun xeito ameno e divertido.

O punto de encontro para esta xornada, que é gratuita, será diante do Hotel Hermida Rural de Eirexalba. 

borja tosar

Astrónomo e divulgador científico. Colaborador co planetario da Coruña, sente paixón pola divulgación científica. Entre as súas aficións destaca a de detectar exoplanetas dende o Observatorio Astronómico de Forcarei e medir a contaminación lumínica dende o planetario. Tamén é colaborador en diversos medios de comunicación onde comparte coa audiencia os seus coñecementos científicos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here