O parlamentario Xosé Luis Rivas impartirá unha charla no Incio

Concello do Incio/G.M.

O domingo 29 ás 12:00 horas no centro multiusos do Incio, o parlamentario do BNG, Xosé Luis Rivas, impartirá unha charla para tratar os temas de maior preocupación para os veciños. Durante o acto tamén estará presente Antonio Montero, voceiro da formación política no Concello.

Entre os temas que se van tratar están o incremento da avespa velutina, a afectación da avespiña no castiñeiro e a limpeza dos montes.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here