InicioPolíticaAcordo unánime para controlar a praga da rata toupa tras unha iniciativa...

Acordo unánime para controlar a praga da rata toupa tras unha iniciativa do BNG

A deputada do BNG pola provincia de Lugo, Carme Aira, alerta dos efectos do aumento da especie nos concellos de Navia, As Nogais, Pedrafita, Triacastela, Samos, Folgoso do Courel e recentemente Fonsagrada, Incio e Sarria. A súa proposta solicitando o control, "non o exterminio da especie", acadou o apoio unánime da comisión de Agricultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A través dunha proposición non de lei, a deputada do BNG Carme Aira, demandou un “plan de choque urxente” para controlar a praga da rata toupa na montaña de Lugo que acadou o apoio unánime da comisión de Agricultura.

O acordo establece:  intensificar as medidas técnicas precisas para o control da praga da rata-toupa na montaña lucense. Seguir os trámites precisos para a declaración de esta especie como praga, co fin de ampliar as ferramentas destinadas ao seu control que “non ao seu exterminio” e incluír no Plan de Pastizais de Galiza e con carácter prioritario,  impulsar  novos pastos nos Montes veciñais en Man Común nas zonas afectadas e se inicien  actuacións de mellora e mantemento nos xa existentes, como medida de compensación pola perda de forraxes e de control desta especie.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...