A cesión ao Concello de Láncara da antiga estación do tren, cada vez máis preto

Antiga estación de Láncara / Imxavitooh en Wikipedia.

A cesión da antiga estación de ferrocarril de Láncara está cada vez máis preto. Así se desprende da reunión que mantiveron o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o alcalde, Darío Piñeiro, na que abordaron a petición do Concello de desafección da estación do tren e terreos de Adif na localidade.

A idea é poñer en marcha unha senda verde nas antigas vías do tren. Sobre esta cesión, Losada expresou “a disposición de Adif para facela efectiva” e pediu ao Concello que presente un desenvolvemento urbanístico sectorial sobre a zona para que a entidade pública efectúe a cesión”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here