A Festa da Tenreira Galega, en Láncara, vén de ser declarada de interese turístico galego

Con este recoñecemento poderá optar a axudas públicas da Xunta de Galicia, pensadas especificamente para este tipo de celebracións.

Feira da Tenreira Galega (2017). Foto: Concello

O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de seis novas festas de interese turístico autonómico, entre as que se atopa a Festa da Tenreira Galega de Láncara,. Con tal recoñecemento poderá beneficiarse das axudas públicas do Goberno galego deseñadas especificamente para este tipo de celebracións.

A Festa da Tenreira Galega, de marcado carácter etnográfico, pon en valor cada primeiro de maio a carne da tenreira a través dunha degustación. Así mesmo, perdura a tradición dun concurso e exposición de gando con importante afluencia de gandeiros na comarca.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here