A estrada entre A Pobra de San Xiao e Carracedo será arranxada

A estrada que une A Pobra de San Xiao e Carracedo tiña unha necesidade urxente de renovación debido, en gran parte, a que soporta alta densidade de tráfico diariamente

Acordo do arranxo da estrada de Láncara/Deputación de Lugo

O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, xunto co Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, veñen de asinar un acordo para a mellora de máis de 2 quilómetros da estrada LU-P-2703 que enlaza A Pobra de San Xiao e Carracedo.

Estas actuacións, que constan dun investimento de 340.000 euros, consistirán no ensanchamento da vía, na mellora do firme con aglomerado en quente, a limpeza das cunetas e o incremento da seguridade da zona renovando tanto a sinalización horizontal como a vertical. Os traballos darán comezo a primeira semana de xullo.

O Alcalde agradeceu á Deputación o investimento,e “por mellorar a calidade de vida de todos os lancareses. Con estes traballos cóbrese unha reivindicación de todos os veciños pois esta é unha vía fundamental e estratéxica para o noso municipio”.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here