Unha muller ferida grave nun accidente no corredor de Monforte-Lugo

Ambulancia. Fonte: Xunta de Galicia

Unha muller resultou ferida de gravidade logo dunha colisión múltiple por alcance no corredor Lugo-Monforte sobre as 16.20 h. á altura da parroquia de Santa Comba.

Na colisión víronse implicados dous turismos e un camión. Como consecuencia houbo unha lesionada grave, danos materiais e importantes retencións de tráfico na estrada.  Segundo testemuñas presenciais, presumiblemente, o forte impacto provocou que a muller ferida saise despedida do coche, polo que urxía un equipo de atención sanitaria na zona.

A prexudicada foi trasladada, logo de ser estabilizada, nunha ambulancia ata o Hospital Lucus Augusti. Os restantes implicados no sinistro foron tratados no lugar dos feitos de feridas de escasa consideración polos profesionais médicos que se desprazaron ata o lugar ata que finalmente tamén os levaron ata o centro hospitalario de referencia na zona.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here