InicioComarca de SarriaLáncaraMultado con 1.800 euros un veciño de Láncara por non acudir á...

Multado con 1.800 euros un veciño de Láncara por non acudir á mesa electoral

Os feitos remóntanse aos comicios de 2019.

Publicado o

- Advertisement -

Un home acusado de non presentarse a unha mesa electoral na que fora designado como suplente de vogal, en Láncara, nas eleccións de 2019 aceptou unha multa de 1.800 euros.

Finalmente, houbo conformidade e non foi preciso que se celebrase xuízo na Audiencia Provincial de Lugo ao asumir os feitos e aceptar esa multa de 1.800 euros, segundo confirmou a avogada do procesado que quixo manterse no anonimato.

Segundo recollía o escrito da Fiscalía, o 28 de abril de 2019, notificóuselle persoalmente ao acusado que fora designado pola Xunta Electoral de Zona como primeiro suplente do segundo vocal dunha mesa electoral de Láncara.

O home tiña que acudir ás 8,00 da mañá dese día, con motivo da celebración das eleccións municipais e ao Parlamento Europeo previstas para o 28 de abril de 2019. O escrito do fiscal recollía que faltou a esa obrigación “sen que conste causa xustificativa de tal ausencia”, polo que en principio pedíaselle unha pena de 18 meses de multa a razón de 20 euros ao día, o que sumaba 10.800 euros.

O Ministerio Público considerou estes feitos constitutivos dun delito de incumprimento en mesa electoral.

ÚLTIMAS

RIOTORTO, EPICENTRO DA ARTESANÍA DO FERRO DE GALICIA

A XV Feira de Artesanía do Ferro foi presentada o pasado 18 de abril coa presenza...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...