InicioSucesosMorre unha muller en Láncara nun accidente de tractor

Morre unha muller en Láncara nun accidente de tractor

Publicado o

- Advertisement -

Unha muller de 50 anos de idade faleceu a última hora da tarde deste pasado domingo tras saírse da vía o tractor que conducía no termo municipal de Láncara.

Segundo informaron o 112 Galicia e o 061, este accidente tivo lugar sobre as 20,00 horas deste domingo no lugar de Larín ao saírse da vía a muller co tractor que conducía.

En concreto, o 061 enviou unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico, así como persoal sanitario da PAC de Sarria para atender á muller, M.L.C.T., de 50 anos, que morreu no punto do sinistro, confirmaron fontes sanitarias. Ademais dos servizos sanitarios, que nada puideron facer por salvarlle a vida á muller, foron mobilizados os Bombeiros de Sarria e a Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

I Work Ribeira Sacra Chantada

Tratábase da I edición do Work Ribeira Sacra, primeiro evento networking que se realiza...

Restauración da imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga

A imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida está a sufrir unha importante restauración...

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...