IniciosociedadeSenda verde para Láncara, O Páramo, O Corgo e Sarria

Senda verde para Láncara, O Páramo, O Corgo e Sarria

Adif comprométese co concello de Láncara a desafeccionar as antigas vías de tren, nun prazo de 2 meses, co fin de comezar a traballar no proxecto de senda verde; para o que se está elaborando un proxecto sectorial que permita cambiar o Plan Xeral, que non contemplaba ditas actuacións.

Publicado o

- Advertisement -

A variante ferroviaria da Pobra de San Xiao deixa sen uso un trazado de máis dun quilómetro de vías que o concello de Láncara quere poñer en valor con zonas verdes e mobiliario urbano. Por tal motivo, representantes municipais veñen de reunirse con técnicos de Adif, o obxectivo final era afondar no proxecto de humanización dos espazos ferroviarios pechados coa nova variante, mellorando os accesos e dinamizando a zona.

O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, destaca que se trata dunha iniciativa “moi demandada polos veciños e veciñas do municipio porque despois de inaugurarse o novo trazado quedáronse un pouco orfos, xa que o noso Concello sempre tivo unha estreita vinculación co tren.”

Da xuntanza participaron tamén os alcaldes do Corgo, Páramo, e representantes do Concello de  Sarria, xa que son os 4 municipios afectados pola nova variante do tren. Nas vindeiras semanas volveranse a reunir novamente para coñecer as necesidades de cada municipio e poñelas en común, de cara a iniciar os procesos necesarios para o proxecto de senda verde.

ÚLTIMAS

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...