A Xunta reserva 4,5 millóns para a conexión do Porto Seco de Monforte coa N-120

O desdobramento de parte do corredor Lugo-Sarria e a conexión do Porto Seco de Monforte coa N-120 cada vez máis preto de ser unha realidade.

Acceso Porto Seco Monforte / Paulino C.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinou entre 2017 e 2018 máis de 31 millóns de euros a actuacións de mellora e conservación de estradas autonómicas na provincia de Lugo, co obxecto de manter a rede viairia en óptimas condicións.

De cara o futuro a Consellería  traballa en importantes obras, algúns dos proxectos de maior envergadura sitúanse no sur de Lugo, e son os seguintes:

  • A rehabilitación da LU-642 entre Oural e Ferrería do Incio á que se destinarán máis de 600.000 euros.
  • A construción de dúas rotondas en Monforte de Lemos, na LU-664, ou Ronda María Emilia Casas Baamonde. As actuacións comezaron este verán cun investimento de máis de 300.000 euros.
  • Acometer o desdobramento do corredor Lugo-Sarria, que suporá converter en autovía un tramo de 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao (Láncara), O Páramo e Sarria. O orzamento estimado para esta obra é de 23 millóns de euros.
  • Actualmente está en período de licitación a reforma da LU-651 entre Folgoso e Seoane en cuxa primeira fase está previsto investir 2 millóns de euros.
  • Segundo informou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, hai reservados 4,5 millóns para a conexión do porto seco de Monforte de Lemos coa estrada N-120. Esta obra suporá a finalización de todas as actuacións necesarias para que o porto seco de Monforte poida operar.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here