InicioMedio ambiente e PatrimonioAlcalde Pobra do Brollón, “as brigadas son competencia da Xunta, non do...

Alcalde Pobra do Brollón, “as brigadas son competencia da Xunta, non do concello”

Dos 67 concellos lucenses, só 2 non terán suscrito convenio de prevención e extinción de incendios nalgunha das 3 modalidades: contratación de brigadas, actuación das motobombas municipais e rozas de camiños

Publicado o

- Advertisement -

José Luis Maceda é o alcalde da Pobra do Brollón. Dende hai uns anos, decidiu que non ía firmar máis convenios ca Xunta no tocante a brigadas forestais para a época estival. 
Como xa informamos neste no XdL o concello da Pobra do Brollón é o único da zona sur lucense que non subscribiu o acordo co goberno autonómico.
En declaración do mandatario, “as brigadas son competencia da Xunta de Galicia, non dos concellos. Dende o goberno de Feijoó fannos subscribir un convenio a través dunha subvención –que nunca chega– para mandarnos a uns operarios. Persoas que eles logo manexan a seu antollo mentres nós temos que, a parte de pagarlles equipos de protección e ferramentas de traballo, facerlle fronte as nóminas e por riba temos que asumir contratos en modalidade fixo descontinuo”.
Por outra banda, o concello tamén manifesta que, “non se pode levar máis alá a precariedade laboral dos brigadistas. Non se pode consentir que unhas persoas que están desbrozando ata as 12 da mañá teñan que saír ás 12.30 horas a un incendio porque non están en condicións nin física nin mentalmente. Tamén cómpre salientar que os brigadistas non son profesionais. Nós sempre estivemos a favor da profesionalización do sector e mentres isto non se leve a cabo, nos non lle imos entrar no xogo á Xunta. Nós para meter a dedo 4 amigos a traballar no concello a través das brigadas non o facemos porque non son profesionais e é moi arriscado meterse no lume sen saber o que se fai. Por outra banda, tampouco queremos entrar no xogo das diferencias salariais pois dependendo do convenio de cada Concello, as nóminas dos bombeiros forestais son salientables cando todos realizan as mesmas tarefas e teñen cargas de traballo moi similares”.
No tocante a como ten pensado afrontar este verán o Concello, o Alcalde sinalou que, “non imos ter problema. Nós non temos brigada pero ó igual que pasou en outubro pasado, as formacións doutros concellos vanse acercar ata o noso para facerlle fronte ás lapas”.
Por outra banda, salientar tamén que no Concello da Pobra do Brollón tampouco terán carroceta de incedios por parte da Xunta posto que, “a carroceta que nos ofreceron tiña máis de 40 anos. Consideramos que é inapropiada e que non cumpre as condicións de seguridade para o condutor. Polo tanto, mentres non envíen unha nova, tampouco imos ceder neste sentido. Igual pasa cos empregados para levar a cabo as rozas pois eles din o que temos que limpar e onde. Iso xa o facemos nós que coñecemos o concello enteiro e sabemos onde hai máis necesidades en todo momento”. O que si quixo deixar claro o Alcalde e que eles non eran os únicos en rexeitar dito convenio pois concellos como Monforte, O Incio e Ribas de Sil, tampouco as ían ter. En contraposión a esta afirmación, Laura Celerio, alcaldesa do Incio manifestou que, “é certo que antes non tiñamos pero este ano solicitamos á Xunta unha brigada de 4 membros por medo a que suceda algo similar ó ano pasado. Polo tanto, si imos ter brigada durante a época estival”. No mesmo sentido maniféstase o Concello de Ribas de Sil. Eles levan anos contratando o servizo e este ano van seguir na súa liña de ter xente para loitar contra os posibles lumes que se sucedan. Ó remate desta edición, dende XdL foinos imposible contactar co Concello de Monforte para saber a súa opinión ó respecto.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...