InicioSucesosDous falecidos e unha muller ferida grave nun accidente no Páramo

Dous falecidos e unha muller ferida grave nun accidente no Páramo

O choque entre dous vehículos producíase pasadas as 22.00 horas deste luns día 8, no corredor Lugo Monforte, no punto quilométrico 13, á altura de Moscán, no termo municipal do Páramo.

Publicado o

- Advertisement -

Unha colisión entre dous turismos na G.C. 2.2, á altura do concello do Páramo remata con dous falecidos. O vehículo que conducía un dos falecidos comezou a arder, xusto despois do impacto. O condutor, falecido no acto, tivo que ser excarcerado polos bombeiros. No vehículo que se incendiou viaxaba tamén un can que faleceu co impacto.

No outro vehículo viaxaban duas persoas, o outro condutor falecido e a acompañante que resultou ferida grave. Ámbolos dous tiveron que ser excarcerados polos bombeiros.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía a alerta de varios particulares sobre as 22:00 horas desta pasada noite. Despois de que o 112 recibira o aviso puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Sarria e aos axentes de Tráfico. Requeriuse tamén a intervención do personal do servizo de mantemento da estrada.

As características do sinistro fixeron necesario interrumpir o tráfico. Tres horas despois, ao redor da 1.00 da madrugada a calzada estaba limpa y restabecíase a normalidade na circulación.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...