InicioSucesosA Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de estafa en...

A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de estafa en Sarria

Aproveitaba a confianza da vítima para subtraer a tarxeta de débito do interior da súa carteira sen que esta se decatara.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigada a unha veciña da localidade lucense de Sarria como suposta autora dun delito continuado de estafa.

Os feitos delituosos teñen lugar entre os meses de outubro e decembro do pasado ano na localidade de Sarria, cando supostamente a persoa investigada, abusando da confianza da súa vítima subtraía a tarxeta de débito do interior da súa carteira e procedía a retirar diñeiro en efectivo en diversos caixeiros da localidade.

Acto seguido reintegraba novamente a tarxeta á carteira sen que a vítima se decatase da súa falta. Con este método realizou 9 retiradas de diñeiro en efectivo por un valor de 600 euros cada unha delas. A suposta autora logrou retirar en caixeiros bancarios un total de 5.400 euros. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

 

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...