InicioPolíticaIncúmprese a normativa no Frei Luis de Granada en Sarria?

Incúmprese a normativa no Frei Luis de Granada en Sarria?

O BNG de Sarria denuncia que "a Xunta de Galicia reubicou parte do alumnado do Frei Luis de Granada en aulas que incumpren a normativa vixente". O voceiro nacionalista, Efrén Castro, detallou que "algúns dos espazos habilitados na Escola Fogar non cumpre co Real Decreto 132/2010, que regula os requisitos mínimos dos centros educativos e que establece que cada aula debe ter un mínimo de 1,5 metros cadrados por posto escolar".

Publicado o

- Advertisement -

Segundo o BNG de Sarria, os baños son compartidos e as condicións de accesibilidade do edificio, que a Consellería de Educación ofreceu como alternativa para continuar coas clases despois de que as familias se negasen a levar os seus fillos e fillas ao Frei Luis de Granada, conta con deficiencias estruturais que arrastra desde 2011.

A situación está “moi lonxe de volver á normalidade que anunciou a Xunta de Galiza. O goberno de Feijóo respondeu á mobilización dos pais cunha solución improvisada coa que non fai máis que dar un novo golpe ao ensino público en Sarria”, sinalou Efrén Castro.

O BNG de Sarria cuestionou no seu momento a reubicación na Escola Fogar e criticou “que se descartase a opción de levar aos nenos e nenas aos outros centros escolares da vila que si reúnen todos os requisitos, como se fixo no 2011″

A formación nacionalista tamén cuestionou o anunciado “plan de rehabilitación integral” anunciado pola Xunta de Galiza para o colexio público, apuntalado desde o 22 de xaneiro. “O único que sabemos ata agora dese proxecto é que actuarán sobre os voladizos, cando os informes da propia Consellería demostran que o deterioramento afecta a outras partes estruturais do edificio.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...