VIII Semana de Teatro Vila de Sarria

A Praza da Vila e a Área Recreativa O Chanto acollerán as respresentacións entre o 3 e o 5 de agosto.

Concello de Sarria / Programación Teatro

O concello de Sarria aposta polo teatro para abrir o mes de agosto e desenvolve a súa VIII Semana de Teatro. A primera cita será este venres día 3, a partir das 22.00 h. na Praza da Vila, coa Aula de Teatro de Sarria que representará “Milagre no convento”.

As representacións para público familiar da fin de semana desenvolveranse ás 20.00 h. na Área Recreativa O Chanto. O sábado con Paco Nogueiras e “Radio Bule Bule” (espectáculo que ofrece un achegamento á radio en directo, con humor, baile e cancións) e o domingo coa compañía Urdime e a obra “María Faltri-Picadisco infantil” (repaso polos grandes éxitos da música infantil galega). Para un público adulto as propostas escénicas serán ás 22.00 e trasladaranse á Praza da Vila. O sábado con Ibuprofeno Teatro e a obra “Raclette” (recomendada para maiores de 15 anos) e o domingo con “Pílulas teatrais” da compañía de Lugo Microefectos Dramatúrxicos (escolma de fragmentos que afondan no sentir humano a través dunha morea de personaxes e situacións).

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here