IniciosociedadeA Xunta anuncia a licitación do proxecto para completar a autovía Lugo-Sarria

A Xunta anuncia a licitación do proxecto para completar a autovía Lugo-Sarria

Feijóo asegurou que o tramo A Pobra de San Xiao-Sarria estará rematado no outono do 2022.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou este luns as obras para desdobrar en autovía o corredor Nadela-Sarria, concretamente o primeiro tramo, entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro, cuxo investimento supera os 25 millóns de euros e que estará terminado “no outono de 2022”, segundo a previsión avanzada hoxe polo xefe do goberno galego.

Feijóo afirmou que as obras para desdobrar o corredor en autovía “continuarán”, de modo que ao mesmo tempo que se avanza nos traballos do primeiro tramo, que ten unha lonxitude de 11,5 quilómetros, este mesmo ano será licitada a redacción do proxecto para completar o trazado íntegro da futura autovía entre Nadela (Lugo) e Sarria.

Durante a súa intervención, acompañado pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, lembrou que nos “peores anos” da crise económica, a Xunta de Galicia foi capaz de investir 135 millóns de euros para completar a Vía de Altas Prestacións entre Sarria e Monforte, o que permitiu reducir o tempo de desprazamento entre Lugo e a capital da zona de Lemos a menos de 45 minutos.

Na mesma liña, garantiu o “compromiso” da Xunta para “coser” o territorio galego con infraestruturas de comunicación capaces de garantir as mellores condicións de mobilidade para as persoas e para as mercadorías.

“Hoxe o 80 % da poboación de Galicia atópase a menos de 15 minutos dunha vía de altas prestacións”, dixo o presidente da Xunta de Galicia, quen aproveitou para avanzar novos proxectos destinados a vertebrar a provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...