IniciosociedadeSarria, pendente dun cribado a 500 veciños para determinar se sobe a...

Sarria, pendente dun cribado a 500 veciños para determinar se sobe a nivel máximo de restricións

O rexedor da localidade, Claudio Garrido, incidiu na importancia deste cribado, non só pola cantidade de persoas que poidan saír cun positivo, se non tamén porque se pode ver o nivel de expansión comunitaria.

Publicado o

- Advertisement -

A localidade lucense de Sarria está pendente do cribado que se realiza esta tarde a máis de 500 veciños e que será determinante para decidir se se mantén en nivel alto de restricións ou pasa a nivel máximo, o que se traduciría no seu peche perimetral –que tería que ser avalado xudicialmente– e noutras cuestións, como a obrigatoriedade de manter a máscara en exterior.

O rexedor da localidade, Claudio Garrido, incidiu na importancia deste cribado, non só pola cantidade de persoas que poidan saír cun positivo, se non tamén porque se pode ver o nivel de expansión comunitaria. Polo momento, recalcou que os datos que saíron de días pasados son bastante positivos.

Tamén o xerente da área sanitaria lucense, Ramón Ares, trasladou que os últimos datos reflicten que o brote está “acoutado”. “Hai 29 casos positivos, o brote vén de 10 días atrás e onte houbo tres positivos novos, pero tamén hai altas epidemiolóxicas”, indicou.

Pola súa banda, o rexedor da localidade incidiu en que, os últimos casos apuntan a que a situación está “máis controlada que en días pasados” e resaltou a importancia do cribado voluntario que organizou o Concello xunto co Sergas, con “unha resposta importante con 536 inscritos, o que demostra o grao de concienciación dos veciños para controlar o foco“.

“Espero que haxa un resultado o máis favorable posible. A nivel de festas (San Xoán) tentáronse conter desde o concello para que non fosen motivo de expansión”, subliñou Garrido, preocupado polos efectos que un ascenso de restricións pode ter para o sector da hostalaría ou para o Camiño de Santiago, “que vai adquirindo normalidade e cada vez nótase máis”.

“ESPERAMOS DAR A CONFIANZA PARA QUE O PEREGRINO SENTA SEGURO”

“Esperamos dar a confianza para que o peregrino ou calquera que veña a Sarria senta seguro. Coa concienciación e o grao de vacinación esperemos superar este momento de frustración“, sinalou.

Finalmente, aplaudiu a reacción dos seus veciños ante este brote, de orixe familiar, xa que a pesar da retirada da obrigatoriedade da máscara seguen utilizándoa e é que, advertiu: “Non podemos relaxarnos, a pandemia segue aí”.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...