IniciosociedadeO alcalde de Sarria móstrase "moi preocupado" polos brotes que xa acumulan...

O alcalde de Sarria móstrase “moi preocupado” polos brotes que xa acumulan 67 contaxios

"Hai unha preocupación seria. Non se encontra unha causa lóxica. Ante isto hai que confiar en que a xente teñamos unha conduta responsable, cumprindo todas as medidas" afirmou o alcalde Claudio Garrido.

Publicado o

- Advertisement -



O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, mostrouse “moi preocupado” coa alta incidencia de Covid-19 disparada no seu municipio, con máis de 500 contagios por cada 100.000 habitantes, debido aos brotes que acumulan 67 persoas infectadas.

Para o rexedor “é moi preocupante” dado que levan “15 días” con este brote e “o normal era que o foco fose rematando logo de todas as medidas que se tomaron, e despois das PCR realizadas, os cribados e os rastreos“. “E, a pesar diso, vemos como non só non descende senón que aumenta”, comentou, coa aparición de novos brotes.

“Hai unha preocupación seria. Non se encontra unha causa lóxica (a tanto positivo). Ante isto hai que confiar en que a xente teñamos unha conduta responsable, cumprindo todas as medidas. E tamén cando calquera persoa teña síntomas ou tivese contacto con algún positivo que se autoconfinen, que se poñan en contacto co Concello para facer probas PCR. É a única forma de superalo”, afirmou Garrido.

En canto aos casos, o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, admitiu que o brote de Sarria lonxe de baixar “está a crecer”.

“A evolución do Covid na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte mantense dentro da estabilidade, nótase un incremento de casos na poboación non vacinada“, comentou previamente.

Sobre o foco sarrián, Ares admitiu que é o “que máis preocupa, porque segue crecendo, aparecen novos casos aínda que todos eles están acoutados”. “Todos están relacionados co grupo inicial. Preocúpanos bastante e seguen aparecendo casos”, lamentou.

CRIBADO

Este xerente sanitario tamén asegurou que se segue “co cribado de estudantes de primeiro e segundo de Bacharelato dos distintos centros da cidade de Lugo”.

Ata o momento, para o cribado, que se realiza despois do macrobrote de Mallorca, confía en que se inscriban máis de mil novos dos institutos da cidade, que non se atopen fose de Lugo polas vacacións.

Dita criba seguirá este martes e mércores, en días anteriores tamén se realizaron probas. Segundo indicou, “ata hoxe” rexistráronse “dous positivos” entre eses alumnos de primeiro e segundo de BAC da cidade amurallada.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...