Un falecido e 15 persoas feridas nun accidente no corredor Monforte – Lugo á altura de Bóveda

Ás 8 da mañá deste domingo día 26, un veciño de Monforte falecía ao colisionar o vehículo que conducía cun microbús

MIcrobús implicado no accidente / Toño Parga vía El Progreso Ribeira Sacra

O accidente tivo lugar preto das 8.00 da mañá no punto quilométrico 40,800 da CG-2.2, á altura de Xulián en Bóveda. Varios particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do sinistro. O persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Sarria e Monforte, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Sarria e do servizo de mantemento da vía. Tamén se deu conta dos feitos ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE)

O microbús prestaba servizo para unha voda que se celebrara en Rubián e que trasladaba aos convidados, a maioría de Barcelona, ao seu hotel en Sarria. Dos 18 ocupantes, 12 resultaron feridos de diversa consideración, o máis grave foi trasladado en helicóptero a Santiago.

O conductor do vehículo, un veciño de Monforte de 36 anos, faleceu no lugar do accidente sendo excarcerado polos Bombeiros de Sarria, ao quedar atrapado no interior do vehículo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here