Iniciosociedade‘Escape Room’ do Camiño de Santiago en Sarria

‘Escape Room’ do Camiño de Santiago en Sarria

‘The Escape Way-Sarria’, así se presenta esta iniciativa impulsada polo concello e que dará comezo o vindeiro 23 de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria vén de presentar unha interesante actividade que, partindo dos coñecidos como ‘escape room’ –xogos de aventuras e investigación–, busca promover o Camiño de Santiago.

A iniciativa, presentada como “The Escape Way-Sarria”, parte da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago e está financiada polo Ministerio de Cultura y Deporte para dar a coñecer dunha forma diferente o Camiño de Santiago e atraer a mozos e mozas ao Itinerario Cultural Europeo.

Para gozar da experiencia en Sarria, os xogadores e xogadoras poden acudir á Oficina de Turismo, á sede xunto ao Concello da Policía Local, á Praza de Abastos, ou ao establecemento Peregrinoteca, sita en en a Rua Benigno Quiroga, para recoller a súa “credencial do escapista” que contén os datos necesarios para acceder ao xogo.

COMO SERÁ O ‘ESCAPE WAY’?

Os participantes en Sarria deberán resolver nove probas para alcanzar a reliquia de Santiago antes de que o faga a seita jacobista. Xógase a través dunha App pero é imprescindible estar no municipio porque os elementos das súas rúas e edificios históricos forman parte imprescindible do xogo.

Partindo de elementos que tamén se atopan nos escape rooms, as yincanas tradicionais e nos geocaching (procura de tesouros mediante GPS), no “Escape Way” os usuarios deberán buscar algo escondido no Concello de Sarria, neste caso, ou noutros concellos que forman parte desta iniciativa.

Se o equipo xogador consegue resolver todos os enigmas, e achar a reliquia, pode volver á oficina de turismo para selar a súa credencial do escapista e coleccionar os selos dos diferentes xogos en municipios que logre finalizar. Un modelo que fai clara referencia aos peregrinos que coleccionan os selos das etapas do Camiño ata chegar a Santiago.

ÚLTIMAS

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...