InicioSucesosMobilizados os Bombeiros de Sarria por un incendio nunha vivenda no Incio

Mobilizados os Bombeiros de Sarria por un incendio nunha vivenda no Incio

Polo momento descoñécese se a casa está habitada.

Publicado o

- Advertisement -

Os Bombeiros de Sarria foron mobilizados na mañá deste venres para sufocar un lume que afecta unha vivenda situada no lugar de Montemeán, no municipio do Incio.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polo alcalde da localidade, foron os traballadores da recollida do lixo quen, pouco antes das 8,00 horas, se decataron da situación e pediron axuda urxente.

Por parte do 112 puntualízase que, ata o momento, se descoñece se a casa está habitada, polo que, por precaución, foron informados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...