InicioComarca de SarriaSarriaIntercambio de experiencias no eido da Educación en Sarria

Intercambio de experiencias no eido da Educación en Sarria

A vila colleu un Seminario no que se presentaron proxectos sobre educación patrimonial, cidadanía, saúde mental e competencias socioemocionais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este pasado 14 de xuño tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Sarria o V Seminario de Intercambio de Experiencias no eido da Educación impulsado polo Eixo Atlántico.

Adelina Pinto, Presidenta do Grupo Temático de Educación e Cultura, Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico, e Claudio Garrido, Alcalde de Sarria, foron os encargados de recibir aos asistentes. Adelina Pinto, na súa intervención, asegurou que o Eixo Atlántico “ten a capacidade de unirnos ao redor da educación” e Claudio Garrido, pola súa banda,  defendeu a educación pública. O Secretario Xeral criticou o ascenso dos populismos e asegurou que “deixa entrever o fracaso do modelo educativo. O modelo non fomenta a capacidade crítica”.

SAÚDE MENTAL

Na temática de saúde mental, 3 cidades presentaron as súas boas prácticas coa moderación de Ana González Abelleira, Deputada de Lugo da área de Formación, Ensino, e Economía do Coñecemento. O Concello de Ames, expuxo o seu programa “Regulación Emocional”, unha iniciativa para combater as consecuencias da pandemia no alumnado de Secundaria organizando sesións de mindfulness dirixidas ao alumnado, familias e profesorado.

Olegario Sampedro, Presidente do Instituto de Mediación Educativa de Ribeira, falou sobre o IMER, unha asociación socioeducativa sen ánimo de lucro formada, en 2011, polo profesorado de Secundaria. Os seus obxectivos son fomentar a mediación e o coñecemento como instrumento adecuado na xestión e resolución de conflitos no ámbito educativo e propiciar a Cultura de Paz e os Dereitos Humanos como marco adecuado de convivencia.

A terceira boa práctica chegou da man de Marlene Sousa, do ProChild CoLAB de Guimarães, que presentou “Coaction e a saúde mental dás crianças”, un proxecto comunitario de investigación-acción co obxectivo de promover o benestar, a saúde mental e a resiliencia dos nenos, entre 3 e 10 anos. A través deste proxecto, ponse a disposición un rastrexo en liña de problemas de saúde mental a nenos entre 3-10 anos de idade da rede escolar pública do Municipio de Guimarães, sendo ofrecida avaliación psicolóxica profundada e intervención psicolóxica empiricamente fundamentada, individualizada e gratuíta ás que presenten problemas de saúde mental e ás respectivas familias.

EDUCACIÓN PATRIMONIAL

Este bloque, moderado por Rubel Prol, concelleiro de Educación de Santiago de Compostela, comezou coa presentación de “Vivir nas cidades históricas” a cargo de Beatriz Varela, técnica de Educación de Santiago de Compostela. Un relatorio no que se recalcou a importancia de que os colexios colaboren con outras entidades da cidade para que os nenos e nenas aprendan sobre patrimonio histórico, cultural e natural.

Isabel Teixeira, técnica superior de Educación de Vila Real, pechou a temática de educación patrimonial e cidadanía coa iniciativa “Assembleia Municipal Infantil”. O seu obxectivo é incentivar o interese, desde os primeiros anos, polos deberes e dereitos como cidadáns, así como desenvolver capacidades de intervención e argumentación.

COMPETENCIAS SOCIOEMOCIONAIS

Esta parte do seminario foi moderada por Adelina Pinto, Vereadora de Educación de Guimarães. Mara Alves, técnica do Municipio de Santa Maria dá Feira, expuxo o proxecto “O crescer do ler e ser”. O traballo foi creado durante o curso 2016/2017 coa intención de que colexios e familias cren oportunidades que promovan o desenvolvemento cognitivo dos nenos, pero que garantan tamén a súa formación interpersoal.

Lucía Ramalho, psicóloga no Departamento de Educación de Valongo, e Andreia Espain, Presidenta da Asociación Mente de Principiante, presentaron “Calmamente – aprendendo a aprender-se”, un proxecto que culminará co lanzamento dun Ebook (editado pola Happy Zone Edicións), onde son compartidos varios testemuños de nenos de 8 e os 11 anos sobre as emocións e os sentimentos.

Por último, Iria Rajal, Profesora de Música en dous Centros de Ensino Especial no Concello de Coruña, falou da iniciativa de “Musicoterapia e Pedagoxía Musical para escolas con Necesidades Especiais”. A experta explicou que a musicoterapia é unha profesión de ámbito sociosanitario na que se utiliza a música e os seus elementos, (o son, o ritmo, a melodía e a harmonía). O obxectivo é sempre terapéutico. Normalmente, o seu traballo vai dirixido a nenos e adolescentes con casos de TEA (autismo), Down, Asperxer, X-Fráxil, hiperactividade, parálise cerebral, cegueiras…

A xornada finalizou coa visita guiada ao Mosteiro da Madalena, en Sarria, e ao Mosteiro de Samos, no Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...