InicioCulturaO amor ao Corpus e ás alfombras gañaron ao mal tempo en...

O amor ao Corpus e ás alfombras gañaron ao mal tempo en Sarria

Esta pasada fin de semana, 18 e 19 de xuño, as creacións florais vestiron de gala a vila tendo lugar tamén a tradicional procesión. “Foi un ano moi especial para todos por volver ter o Corpus con normalidade e facer a primeira procesión despois da pandemia”, comenta a concelleira Geni Valcárcel.

Publicado o

- Advertisement -

Sarria, fiel á tradición, volveu vivir con entusiasmo e devoción a realización dos característicos mantos florais do Corpus Christi durante a pasada fin de semana.

Falamos con Geni Valcárcel, Concelleira de Muller, Educación e Igualdade, para facer unha valoración destas dúas xornadas de traballo e o primeiro que nos di é que resulta “moi complicado valorar algo tan completo e de tanto percorrido como é a preparación das alfombras de Corpus da que forman parte tantas persoas anónimas que regalan dunha maneira altruísta horas e horas de traballo, de tempo, de ilusión…”.

Na súa crónica reflexiva dinos tamén que é impresionante ver como toda a xente que participa nas elaboracións aguanta calquera complicación, como nesta ocasión foi a choiva. O tempo non axudou moito, pero aínda así tiraron para adiante e non se deixaron vencer. Segundo explica, houbo que facer unha última volta ás 3 da mañá cando estaban xa rematadas para recuperalas dos danos da auga.

Tamén falamos con Hernando Caldeiro, un deseñador de alfombras dende o 2011 en Sarria e que tivemos oportunidade de entrevistar o pasado ano.

Cóntanos que este ano puideron recuperarse os tamaños orixinais das alfombras e que se completaron 3 tapices ademais da alfombra central xa característica. Esta última realizada por tres deseñadores diferentes.

No que respecta á participación “foi boa dentro da escaseza habitual e este ano houbo moita participación de peregrinos/as que foron moi voluntariosos/as”, comenta Hernando.

Rematando unha das alfombras. Foto: Concello de Sarria

A parte negativa, a choiva que obrigou a parar e houbo que refacer alfombras, co cal o resultado non foi todo o lucido que se podía desexar.

TRABALLO, SENTIMENTO, EMOCIÓN…

Geni explica fascinada o impresionante que é ver como se traballa… e despois moitos non acaban pisando ningunha alfombra. Quédase co “amor a esas alfombras feitas, a ese Corpus, a ese percorrido… por enriba incluso do que é un sentimento relixioso”.

Sinal ademais que “foi un ano moi especial para todos por volver ter o Corpus con normalidade e facer a primeira procesión despois da pandemia”, e confesa que cando ía pisando este domingo unha das alfombras embargouna a emoción pensando que ía pisando “retaíños de traballo feito polos veciños”.

Neste punto non quere esquecer a oportunidade de trasladar o seu agradecemento a todas e todos os veciños que participaron este ano, destacando a Nati, Mariquiña e familias pola súa entrega.

ÚLTIMAS

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...

A Xunta reactiva as notificacións para queimas agrícolas

A Xunta de Galicia decidiu volver activar os permisos para queimas agrícolas de particulares....