InicioComarca de SarriaSarriaUn San Xoán espectacular para volver aos mellores tempos en Sarria

Un San Xoán espectacular para volver aos mellores tempos en Sarria

A celebración deste ano conta cunha programación moi completa con moita música de rúa, concertos, música tradicional e desfile das Pampónigas, misa e procesión, Correfoc Dimonis de La Plana, actividades infantís e as mellores orquestras de Galicia. Ademais, o Alcalde de Valladolid será pregoeiro e tamborileiro de honra. Coñecemos ao detalle o programa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xa había ganas de volver ao formato habitual de festexos de San Xoán en Sarria. Foron anos duros de pandemia sen poder programar grandes actuacións nesta festa tan especial para Sarria, pero por fin este ano toca volver á normalidade.

Este xoves, 23 de xuño, comezan cinco días de festa para vibrar, entre fogos de artificio, música e ledicia, coa programación que presentou o Concello de Sarria días atrás.

Ás 20:30 h. terá lugar na Casa do Concello o pregón a cargo de Óscar Puente Santiago, Alcalde de Valladolid e tamborileiro municipal de honra para este San Xoán de Sarria.

A continuación farase a ‘Tirada do Foguete’ que sinala o comezo das festas e actuarán a Banda Municipal de Sarria, ademais das Asociacións Meigas e Trasgos e Peleiriños. Tamén se fará o desfile das ‘Pampónigas’ na Praza da Constitución.

Ás 21:30 no Campo da Feira haberá unha pancetada popular e ás 22:00 h farase a 50ª Queimada Popular ao tempo que se acende a Fogueira de San Xoán. Pouco despois, ás 22:30 h. e no mesmo lugar, interveñen ‘Eoas’ e ‘Correfoc-Dimonis’ de Castellón de La Plana mentres que á medianoite amenizará a verbena no Campo de Rugby do Chanto a orquestra Enigma.

O venres, 24 de xuño, mañá de misa e procesión, e a continuación sesión vermú no local La Unión coas asociacións Meigas e Trasgos e Peleiriños, tendo tamén neste lugar unha verbena pola medianoite co grupo Eureka.

Pola tarde, pasarrúas animados pola charanga Louband, Gaiteiros Golán e Tambukada e  pola noite dúas orquestras poñerán a festa nocturna no Campo de Rugby. Ás 22:30 h. actuará a orquestra New York e ás 24:00 h. a orquestra Olympus.

Louband. Foto: Llum Photography

O sábado 25 a sesión vermú na Praza da Vila correrá a cargo das formacións ‘Siniestro Parcial’ e ‘Proyecto Valley’; e xa pola tarde, volverá haber pasarrúas con Tambukada e Meigas e Trasgos. Neste mesmo espazo, pero ás 20:00 h., concerto da banda local ‘Sound Sisters’. Para pechar a xornada, outras dúas orquestras no lugar xa coñecido, Miramar ás 22:30 h. e Os Satélites ás 00.00 h.

O domingo 26 de xuño, a sesión vermú será no Paseo do Malecón. Contarase coa presenza dos grupos locais ‘Malditos Roedores’ –no Cruce da Estación– e ‘Mustélidos’ –no paseo do Malecón–. Pola tarde, pasarrúas a cargo dos Peleriños e a charanga Ardores con desfile das ‘Pampónigas’. Pola noite, ás 22:30 h. o público verbeneiro terá a orquestra Player e ás 00.00 a Panorama.

Grupo ‘Malditos roedores’ de Sarria. Foto antiga do Festival Garitosis

Como remate a estes cinco días de xolda, o 27 de xuño, Louband amenizará o vermú no Campo da Feira e recuncará tamén pola tarde. A Praza da Vila acollerá a partires das 18:00 h. actividades para o público infantil. Haberá animación por parte de Barafunda, Polbo Escapista e Mago Lolo. Pola noite,  ás 22:30h. poñerá a guinda o Combo Dominicano no Campo de Rugby do Chanto.

O programa completo ao detalle está na web do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...