InicioPolíticaObras e touros, os protagonistas dos debates en Sarria

Obras e touros, os protagonistas dos debates en Sarria

A alcaldesa de Sarria, Pilar López, confía nas actuacións levadas a cabo dende o seu equipo de goberno tanto pola polémica suscitada pola corrida de touros que o empresario Juan Santos quere celebrar na vila como pola rehabilitar Ponte Ribeira que leva 4 anos sen poder usarse e na cal o concello ten previsto investir parte dunha herdanza doada por un veciño

Publicado o

- Advertisement -

Agora si, agora non, agora non me da tempo, agora si que me da…e así é como viven o día a día os veciños de Sarria, ca incertidume de saber que pasará ó día seguinte.

Por unha banda a reconstrución de Ponte Ribeira xerou unha gran polémica no concello. Lembremos que no ano 2015, José Sánchez, un veciño de Sarria, deixou o seu legado ao concello cunha condición; os cartos obtidos da súa herdanza deberíanse de investir en fins culturais e benéficos de Sarria. Entre os bens doados, atopábase un piso en Madrid polo cal o Concello recadou 355.000 euros, dos cales, 300.000 están destinados para a o arranxo de Ponte Ribeira. Pero a familia do finado non está conforme pois consideran que non se están a cumprir as condicións do testamento. Segundo declarou a alcaldesa, “ademais de toda a documentación pertinente para a súa rehabilitación, solicitamos un segundo informe a Santiago onde queda demostrado que investir 300.000 euros da venda do piso de Madrid en Ponte Ribeira, non contradice, en ningún sentido, ás cláusulas manifestas no testamento de José Sánchez. Aínda así, se a súa familia non está conforme co estipulado e quere reclamar vía xudicial, está en todo o seu pleno dereito pero rehabilitar a entrada principal de peregrinos a Sarria é investir nun ben cultural”.

Todo parece indicar ca alcaldesa e o seu equipo de goberno van a seguir adiante co seu obxectivo e o 24 de setembro, a Deputación de Lugo, fixo pública a adxudicación das obras por un total de 392.000 euros, dos cales, 150.000 serán aportados polo goberno provincial e o Concello, a cantidade restante. Segundo están as cousas e tras a apertura de sobres celebrada a primeira hora do día, a empresa adxudicataria ten 7 días hábiles para presentar a documentación necesaria e deste xeito, comezar a traballar en Ponte Ribeira a finais de mes na cal estarán os vindeiros 75 días.

Dende o goberno socialista recrimínalle á Xunta de Galicia que non quixera participar na financiación das obras e que xa no 2016, votara en contra de dotar con orzamento público as obras necesarias para Ponte Ribeira.

CORRIDA DE TOUROS

Por outra banda, a corrida de touros que se celebrará o vindeiro 30 de setembro é outro dos temas que lle fai doer a cabeza ó concello. Lembremos que dito evento estaba programado para as festas de San Xoán pero tivo que ser aprazado.

Un tema controvertido que levantou polémica dende o mesmo día do seu anuncio. Detractores das touradas como a plataforma Galicia, mellor sen touradas, alzaron as súas voces co obxectivo de que esta actuación non se celebrara e manifestando o seu total rexeitamento a que se celebren actuación deste tipo en Sarria. Recollida de sinaturas, mesas informativas e manifestacións son algunhas das accións celebradas para intentar frear o evento.

Pola súa parte o Concello de Sarria concedeulle ó empresario taurino Juan Santos a pertinente licenza para a instalación da praza móbil preto da zona dos colexios o día 21 ademais de organizar un Plan de Seguridade para ese día tanto para cubrir o propio evento como a manifestación que se vai celebrar ás portas do recinto.

Nun principio, o organizador sopesou a idea de non celebrar o evento porque aínda lle faltaría ter concedida a Licenza de Espectáculos por parte da Xunta de Galicia pero finalmente non declinou no seu empeño. A rexedora de Sarria, Pilar López manifesta que, “nós xa lle concedemos a licenza para a instalación da praza móbil e loxicamente ímoslle requirir a que lle expida a Xunta para poder celebrar a corrida. Se lle da tempo ou non de tela a tempo iso xa non é cousa nosa, senón do goberno autonómico. O que temos claro é que sen ela o evento non se vai poder celebrar“.

Así, todo fai pensar que Canales Rivera, Anita Rita, El Niño de la Capea e Manolo Vázquez debutarán en Sarria. E é que as entradas estarán a venta dende o martes 25 de setembro a 10 euros unidade se se merca antes do domingo e onde se espera que se cubran as 1.900 localidades dispoñibles, días antes incluso de ter todos os permisos pertinentes para a súa celebración.

ÚLTIMAS

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...

Raquel Arias: “É inxustificable que Tomé ignore as 1.000 sinaturas que reclaman a Unidade de Atención Temperá para Monforte”

Segundo os populares, Monforte é o único municipio da comarca sen este servizo, provocando...