IniciosociedadeA piscina cuberta de Sarria máis preto de abrirse

A piscina cuberta de Sarria máis preto de abrirse

O concello de Sarria acaba de publicar o anteproxecto  das taxas pola prestación dos servizos da piscina municipal.

Publicado o

- Advertisement -

A piscina cuberta municipal de Sarria leva 7 anos contruída na contorna do Parque do Chanto, pero aínda non abriu as súas portas ao público.  Ó longo deste tempo dotouse dunha caldeira e dunha deshumidificadora e aproveitouse para solucionar as avarías que se foron producindo co paso do tempo.

Este anteproxecto chega pola decisión do pleno de que a piscina funcione cun contrato de servizos, para o que se necesita ter uns prezos públicos fixados sobre as contías que paga cada socio e o custo dalgúns dos servizos, como os cursos de natación. Os informes estiman nuns 430.000 euros o gasto anual das instalacións e, en case 300.000 euros, os ingresos por taxas, tomando como base alrededor de 900 usuarios.

Aínda non se coñece a data para a posta en funcionamento das intalacións. Primeiro levarase a ordenanza a pleno e decidirase que empresa se vai a contratar para os servizos.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...