Sarria, contra a violencia machista

A vila sarriana tinguirá de negro os seus establecementos do 19 ao 25 de novembro pola iniciativa "Sarria en Negro".

Cidade de Sarria/alberguescaminodesantiago.com

Por terceiro ano consecutivo, o concello de Sarria súmase á campaña “En Negro Contra As Violencias”. Un proxecto creado para a sensibilización e visibilidade das causas da violencia de xénero e da necesidade de implicar a toda a sociedade.

“Sarria En Negro” desenvolverase conxuntamente con outras 95 vilas e cidades galegas. Aumentando, este ano en 20, o número de vilas e cidades participantes. O obxectivo desta iniciativa é mostrar a violencia machista como un problema público e de toda a cidadanía.

O sector do comercio é un gran escaparate para transmitir a cidadanía esta mensaxe, polo que, a Conselleria de Igualdade anima aos establecementos da cidade a tinguirse de negro; na súa decoración, na roupa dos empleados, nos escaparates, etc do 19 ao 25 de novembro. Esta iniciativa é unha forma de manifestar o seu desexo de ter unha cidade libre de violencia machista.

Se queres participar só tes que chamar ao CIM (Teléfono 982 535061) ou enviar un correo electrónico a acim@sarria.es cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) antes do 12 de novembro. O concello facilitará o material e tamén compartirá a información nas redes sociais.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here