A Mancomunidade de Municipios galegos no Camiño Francés organiza as xornadas gastronómicas “Con Caldo, Pan e Viño.. faise o Camiño” os días 9 e 10 de novembro de 2018. Poderánse degustar tapas de caldo de lacón de porco celta con grelos e fabas nos establecementos sarrianos participantes.
XII Concurso de Tapas Tapicheo’18:
Xa está aberto o prazo de inscrición para o XII Concurso de Tapas Tapicheo’18 que se celebrará os días 5,6,7,8 e 9 de decembro en Sarria. Os establecementos que queiran participar poderán anotarse ata o 15 de novembro incluído no Rexistro do Concello de Sarria
Para máis información poden contactar no teléfono 618 013 698 ou por correo electrónico turismo@sarria.es