Novo radar no corredor Nadela – Monforte

O novo dispositivo entrará en servizo o 3 de decembro e sumará tres radares nesta estrada.

Corredor Nadela - Monforte

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) vai poñer en servizo na vía CG-2.2, o corredor Nadela – Monforte de Lemos, un novo equipo de control de velocidade.  O dispositivo localizarase no punto kilométrico 35,500, en Vila de Mouros, á altura de Magnesitas de Rubián.

Coa instalación deste equipo, que operará nos dous sentidos da circulación, a DXT informa de que se persegue a reducción do número de accidentes neste corredor co control do cumprimento dos límites de velocidade.

O límite de velocidade nesta vía é de 100 km/h nos dous sentidos da vía. A existencia deste sistema de detección da velocidade advírtese previamente na estrada a través dun sinal informativo vertical, que xa é visible. Con este serán tres os radares fixos do corredor Nadela-Monforte. Os outros dous sitúanse nos puntos quilométricos 2,150 e 26,800.

Lémbrase desde a DXT  que na web www.dgt.es pódese acceder a toda a información sobre os equipos de control de velocidade instalados.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here